Modificacións puntuais

A modificación puntual do plan parcial de Área 33, aprobada por unanimidade na sesión plenaria do 15 de maio de 2012, entrou en vigor o 17 de xullo. Con esta, o plan parcial polo que se rixe o parque empresarial de Silleda permitirá agora usos hostaleiros, administrativos e deportivos. Un dos obxectivos da medida, promovida polo departamento de, é facilitar a construcción dun Centro Empresarial nos terreos que lle corresponden ao Concello de Silleda.

Ademais da ampliación de usos do polígono, a modificación tamén da resposta a outra das demandas que veñen formulando os empresarios asentados no recinto silledense: a posibilidade de adosar naves.