Aberto ata o 6 de maio o prazo para solicitar as axudas municipais a entidades culturais, deportivas e veciñais

Silleda,  5 de abril de 2023.  O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra, publica hoxe a convocatoria das axudas do Concello de Silleda para actividades dirixidas a colectivos culturais, clubs deportivos e entidades veciñais e/ou de participación social.

O prazo das solicitudes é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación, rematando pois o vindeiro día 6 de maio.

As entidades poden consultar as bases e os anexos de solicitude na web municipal. As solicitudes deben de presentarse obligatoriamente por Sede Electrónica no Concello de Silleda.

En total as tres liñas de subvención suman más de 100.000 euros. O prazo de xustificación. Para calquera dúbida ou aclaración, as entidades poden dirixirse ao Concello de Silleda chamando ao 986 580000, co departamento de Cultura e Deporte. A continuación recóllense as bases e anexos de cadansúa convocatoria:

  • SUBVENCIÓNS A ENTIDADES CULTURAIS

BASES SUBVENCIÓNS CULTURAIS

Anexos subvencións a entidades culturais 2023

  • SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS

BASES SUBVENCIÓNS DEPORTIVAS

anexos subvencións a entidades deportivas 2023

  • SUBVENCIÓNS A ENTIDADES VECIÑAIS E/OU DE PARTICIPACIÓN SOCIAL

BASES SUBVENCIÓNS VECIÑAIS

ANEXOS SUBVECIÓNS PARTICIPACIÓN SOCIAL E VECIÑAL 2023