Silleda, 20 de xaneiro de 2026. O Concello de Silleda vén de abrir o prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso selectivo para a cobertura dunha praza de Oficial 3º do Servizo de Augas, como persoal laboral fixo, incluída na Oferta Pública de Emprego do ano 2025.
As bases reguladoras desta convocatoria foron publicadas o pasado 12 de decembro no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, mentres que o anuncio da convocatoria se publicaba hoxe martes no Boletín Oficial del Estado, abrindo así oficialmente o prazo para a presentación de instancias (20 días hábiles).
O proceso selectivo realizarase mediante oposición en quenda libre, para a cobertura dunha praza vacante pertencente á plantilla de persoal laboral fixo do Concello, adscrita ao Servizo de Augas.
Solicitudes ata o 17 de febreiro
As persoas interesadas dispoñen de prazo para presentar as súas solicitudes ata o vindeiro 17 de febreiro. Toda a información relativa aos requisitos, probas selectivas e documentación necesaria pode consultarse nas bases publicadas no BOP de Pontevedra, a disposición das persoas interesadas na web municipal e na Sede Electrónica do Concello de Silleda.
Desde o Concello de Silleda destácase que esta convocatoria forma parte do compromiso municipal coa estabilidade no emprego público e coa mellora dos servizos básicos que se prestan á cidadanía. A continuación figuran as bases e anexos:
