Comeza unha nova fase do estudio sobre a incidencia do gas radón en Silleda

Silleda, 6 de xuño de 2020.  A empresa especializada que está levando a cabo o estudo sobre a incidencia do gas radón en Silleda recolleu  o pasado venres os dispositivos de medición que se colocaron o pasado mes de febreiro en varios edificios públicos do municipio.

En total foron 48 os medidores que se instalaron o pasado 5 de febreiro, data na que comezou o citado estudo. O número de dispositivos se estableceu en cada edificio tendo en conta a superficie das dependencias, número de plantas e tempo de exposición das persoas usuarias.

Estiveron colocados en varios puntos da Casa Consistorial, do Centro Social de Silleda, Centro Social dos Maiores da Bandeira, o CEIP Plirilingüe de Silleda, CEIP Ramón de Valenzuela e no auditorio Manuel Dopazo.  Esta iniciativa, que leva a cabo aempresa especializada 222 Radón,  cun orzamento de 1.680 euros sen IVE, consta de dúas partes: unha técnica e outra relativa ao inventario de zonas de risco.  Despois de realizar este primeiro muestreo, e en función dos resultados, avalariase a continuidade do estudo. Unha vez retirados os detectores, analizaránse os resultados e estableceránse as medidas a adoptar en cada caso.

Deste xeito, o Concello de Silleda convírtese en pioneiro ao ser dos primeiros en cumplir co o  R.D.1439/2010  de 5 de Novembro polo que se modifica o Regulamento sobre protección  sanitaria contra radiacións ionizantes.

Galicia en xeral e o Concello de Silleda en particular son recoñecidos como zona de risco na concentración  de  gas radón, canceríxeno que se mide en Bequerelios e que  se considera  como límite aceptable a existencia de 300 bq por metro cúbico de aire.