Manuel Cuiña estuda co Adif a posibilidade de asinar un convenio para o uso público dos terreos das escombreiras do TAV

Silleda, 18 de outubro de 2014. O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, mantivo en días pasados un encontró coa responsable de Patrimonio e Urbanismo da zona Noroeste do Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (Adif), Celina Matías, para abordar distintas cuestións pendientes, así como cuestión plantexadas polos veciños e veciñas das parroquias afectadas pola construcción do Tren de Alta Velocidade (TAV).

Unhadesaspeticiónsveciñais pasa polaposibilidade de reversión dos terreosonde se construiron as escombreiras das obras da liña ferroviaria para os seusantigos propietarios. “Nesta ronda de visitas que estamos a realizar polo rural algúnsveciños e veciñas interesaron polaposibilidade de que estesterreosrevirtanna parroquia”, explica o alcalde.

Dendeo Adifexplicouse que no caso de una das escombreiras de Carboeiro, a de maior extensión, xa se comezaron a remitir cartas aos propietarios explicando que para recuperar os terreos deben de reintegrar as indemnizacións recibidas no seu día.

Na reunión, celebrada en días pasados, tamén se falou da posibilidade de que –no caso de que os propietarios rexeiten esta posibilidade- asinar un convenio de cesión entre Adif e Concello para que os terreos pasen a ser de uso público. “Se os propietarios antigos optan por rexeitar a posible reversión, estudiaremos a firma deste convenio, para que os terreos que ocupan as escombreiraspoidan ser de uso público”, explica o alcalde.

Nestesenso, dende o Adifquedouse en remitir un listado dos propietarios destas parcelas para que dende o Concello de Silleda se organicen encontros nos que explicar aosveciños estas dúas posibilidades.

No municipio de Silledaforon construidas no seu día tres escombreiras durante a etapa de construcción do TAV, dúas na parroquia de Carboeiro e outra en Cira.

Limpeza e mantemento

Durante o encontro o alcalde silledensetaménlletrasladou á responsable de Patrimonio e Urbanismo do Adif as demandas veciñais sobre a limpeza e mantemento tanto das escombreiras como de taludes e outrosterreospropiedade do ente ferroviario, recollidas en localidades como Abades, Carboeiro, CiraouSaídres.

 

Medidas compensatorias no sistema fluvial Ulla-Deza

Por outra banda, o rexedoraproveitou esta xuntanza para lembrar as medidas compensatorias pola construcción do Tren de Alta Velocidadeque aínda están pendentes de executarno entorno da Fervenza do Toxa e do mosteiro de Carboeiro, dentro do sistema fluvial Ulla-Deza.

A principios deste ano ,o Concello remitiu un novo informe aoAdif reiterando a necesidade de retomar as actuacións, que incluían distintas melloras no sendeiro do Deza –que une os dous enclaves-, a construcción de una fonte, dun biotopo para pequenos anfibios e outras medidas como a erradicación de especies exóticas e invasoras.

A delegada do Adifcomprometeuse a entregar o informe con estas cuestiónspendentesaos responsables de obras da entidade estatal.

“Agradezco que quedara en transmitir estas necesidades, porque son cuestións que aínda están pendentesdendehai varios anos, tal e como recordou este gobernona moción aprobada o pasado ano para reclamar estas actuacións”, engade o alcalde.

Cuíña indica que esta foi “unhaprimeira toma de contacto entre o Concello de Adif e agardamos que nos vindeiros meses poidamosxa concretar os temas abordados”, remata.