O Concello de Silleda abre unha bolsa de emprego para cubrir de xeito temporal varios postos

  •  A convocatoria xa foi publicada no BOP

  • O prazo para presentar solicitudes é de 20 días hábiles contados a partir de hoxe xoves 21 de novembro

 

O Concello de Silleda vén de abrir unha convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego de carácter temporal, a través da que se irá realizando a provisión de distintos postos de traballo como personal funcionario interino, segundo as necesidades do servizo.

A selección realizarase mediante o sistema de concurso oposición, tal e como figura na convocatoria publicada onte día 20 de novembro no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra.

Os postos para esta bolsa de emprego son un total de 8: condutor/a de camión; condutor/a de retroexcavadora; axudante electricista; condutor/a de tractor; operario/a de xardinería; operario/a varredor; oficial albanel; e animador/a deportivo.

As bases de cada un dos postos, así como as condicións e as taxas das probas, están publicadas xa na Sede Electrónica do Concello. Tamén se poderá acceder a elas dende a web municipal a través do banner “Avisos Emprego Público”.

As persoas interesadas teñen dende hoxe xoves día 21 un prazo de 20 días para inscribirse na convocatoria. A continuación figuran as bases de cada un dos postos e a folla de autoliquidación das taxas:

20241108_Outros_bases ANIMADOR DEPORTIVO.-1

20241108_Outros_bases axudante electricista

20241108_Outros_bases coductor tractor

20241108_Outros_bases conductor retroexcavadora-1

20241108_Outros_bases condutor_a camión-1

20241108_Outros_bases oficial albanel

20241108_Outros_bases operario varredor

20241108_Outros_bases operario_a xardinería

modelo Autoliquidación