O Concello de Silleda arranxará a pista de Portapiñeiro a través do Plan Marco

-O investimento previsto nos tramos, de máis de un kilómetro, supera os 114.000 euros

Silleda, 1 de marzo de 2022.  O Concello de Silleda continúa ca tramitación de proxectos para a mellora viaria do municipio. Así, e logo de presentar nos últimos días o proxecto do Plan Concellos, con máis de 1,2 millóns de euros para 17 tramos no rural, este ano tamén se realizará con cargo ao Plan de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas (coñecido como Plan Marco), a reforma integral dun dos viais vertebradores da parroquia de Piñeiro..

Trátase da pista de Portapiñeiro, que enlaza con Castro Castriño, e que discorre polo interior da localidade. Tamén se arranxará un dos ramais ata a igrexa parroquial de San Xiao.

É un viario que acusa un notable deterioro e que se atopa nunha zona onde se concentran varias explotacións agrogandeiras. Mellorarase toda a capa de rodadura desta pista, entre outras actuacións.

O proxecto estima un orzamento para o arranxo deste vial, que suma algo máis dun kilómetro de lonxitude contando os dous tramos de 114.867,70 euros. Nos dous últimos anos a través deste programa da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) executouse a mellora dos viais de Balántiga e Cumbraos (en Escuadro) e o que une O Castro con Negreiros.

Esta actuación virá sumarse a outras previstas os vindeiros meses nos que o Concello de Silleda continuará mellorando a extensa rede viaria municipal no rural. Así, e dentro do Plan Concellos 17 tramos nas parroquias de Pazos, Martixe, Carboeiro, Manduas, Parada, Ponte, Moalde, Escuadro, Fiestras Graba, Laro e Silleda.

Así mesmo nos vindeiros días darán comezo os traballos noutras dez localidades, unha actuación adxudicada a Taboda e Ramos por máis de 540.000 euros. Con este plan de obras, tamén con cargo ao Plan Concellos da Deputación arraxaranse viais en Silleda, A Bandeira, Ponte, Vilar, Lamela, Dornelas, Cira, Margaride, Moalde e Taboada