O Concello de Silleda mellorará a seguridade viaria nos cascos urbanos coa elevación de seis pasos de peóns

Silleda, 1 de setembro de 2014. O Concello de Silleda acometerá nas vindeiras semanas un proxecto de mellora de seguridade viaria nos cascos urbanos de Silleda e da Bandeira.

O proxecto, para o que xa se aprobaron as bases de contratación en días pasados, inclúe a elevación dun total de 6 pasos de peóns ubicados en diversas rúas . “Estas dotacións iráns instaladas en zonas escolares, noutras donde é frecuente a presencia de nenos e nenas e tamén nalgún caso en puntos conflictivos onde se veñen rexistrando accidentes.

Así, en Silleda instalaránse dous na rúa María Colmeiro: un no paso de peóns  fronte ao colexio María Inmaculada e outro á altura da praza de Benito Rivas, onde tamén acoden familias con nenos/as frecuentemente.

No casco urbano da capital Trasdeza tamén se instalarán outros dous pasos elevados no tramo da rúa Pintor Colmeiro. Estarán ubicados nos pasos situados á altura do cruce coa rúa Emilio Alonso Paz, unha intersección onde se teñen procucido xa numerosos accidentes.

No caso da Bandeira, os pasos elevaránse na rúa da Feira, á altura do entronque coa rúa Entroido, e na rúa do Parque, á altura da rúa dos Pendellos. “Nestes dous casos trátase de medidas correctoras de velocidade que completarán  as que xa se adoptaron hai meses, a petición das familias usuarias do parque infantil da Bandeira, situado nesta zona”, engade o alcalde, Manuel Cuíña.

O rexedor silledense explica que o proxecto está avalado ademais por un informe da Policía Local, que sinala que esta solución mellorara as condicións de tráfico nos tramos citados, ao reducirse a velocidade e aumentarse o tempo de reacción dos condutores, coa consecuente mellorar de seguridade.

As obras teñen un orzamento de 20.519, 78 euros e serán realizadas polo Concello de Silleda ao abeiro do Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais de 2014.

A xunta de goberno local xa aprobou as bases de contratación do proceso, por procedemento negociado, solicitando varias ofertas.

“Agardamos poder resolver a adxudicación nos vindeiros días para iniciar os traballos canto antes”, indica o alcalde.