O programa municipal Silleda contra a velutina continuará o vindeiro mes cunha sesión informativa e propostas con novos tratamentos

Silleda, 12 de outubro de 2019.  O programa municipal Silleda contra a avespa velutina continuará o vindeiro mes cunha sesión informativa que impartirá o presidente da Asociación Galega de Apicultural (AGA), José María Bello, ás 18:00 horas na Casa da Cultura de Silleda. Nesta sesión, ademais de facer un balance do programa, iniciado a pasada primavera, tamén se falará da posta en marcha dunha experiencia para combatir esta especie invasora con feromonas, poñendoo en práctica en explostacións apícolas do municipio. Trátase dun programa que aplicará as investigación feitas recentemente polo investigador galego Xesús Feás.

Na presente campaña no municipio de Silleda retiráronse xa 200 niños secundarios de velutina, o que da conta do alto nivel de concienciación da veciñanza sobre este asunto.

O plan de Silleda contra a velutina foi posto en marcha en abril deste ano, en nunha   primeira fase, denomidada  de trampeo, que se realizou entre os meses de abril e xuño, ámbolos dous incluídos recolléronse un total de  7.153 velutinas mediante o reparto de 125 trampas entre apicultores e veciños do municipio. A mioría das capturas foi de raíñas, procedentes de niños primarios, é dicir, as avespas máis importantes porque son as fundadoras dos enormes niños secundarios que se situan nos cumios das árbores e que poden chegar a acadar dimensións considerables, albergando ata 10.000 avespas.

O obxectivo era, nunha primeira fase,  afastar os avispeiros das contornas das vivendas colocando as trampas nas especies florais recomendadas e ubicadas nos xardíns e hortas.

Agora o plan deberá continuar seguindo unha serie de recomendacións que se suxiren nun informe dos expertos participantes para vindeira reunión de  novembro na que se avaliarán os datos para poder preparar unha nova campaña para o vindeiro ano.

Obtidos os datos totais  dos trampeos e facendo unha comparativa con comarcas coma o do Morrazo, Silleda está nun ratio de capturas por trampa semellante, aínda que cunha carga de velutinas no verán moito maior, como así o fan saber ao Concello os veciños que as observan nas froiteiras. Por eso esta loita iniciada na primavera do ano 2019,  e pensando que o Concello xa leva varios anos  coa praga dentro, deberá de continuar.

O experto técnico apicultor do programa recomenda notificar canto antes ao número 012 e comunicarlles os datos que eles nos pidan sempre que se identifique un avispeiro, pero nunca tratar de eliminalos pola nosa conta. Tamén recomendan ter especial coidado  nas tarefas de desbroce e colleita de froita.

Recoméndase dar a alerta e identificar os niños con chamadas ao 012, e as trampas deben de estar, salvo en casos concretos, en zonas de árbores, no  caso de ter froiteiras con froita madura a que acoden masivamente as obreiras da velutina a se alimentaren e no caso dos apicultores mantelas no colmear, colocadas entre os espazos das colmeas a 1 metro de distancia, e todas elas a  1 metros de altura tal e como se informou nas reunión de grupo as que foron convocados.

 

Este plan tamén informa á cidadanía do auxe desta praga e os pasos a seguir para o posible control. Esta información foi desenvolta en diferentes charlas celebradas en Laro, Cira, A Bandeira e Silleda durante o mes de marzo e impartidas por José María Bello, experto e membro da Asocición Galega de Apicultura/ AGA).