Os locais hosteleiros que desexen ampliar o espazo de ocupación das terrazas poderán solicitalo no Concello

-O goberno municipal está a estudar fórmulas para condonar o pago das taxas polas terrazas

Silleda, 13 de maio de 2020.  Os locais hostaleiros do municipio poderán solicitar no Concello de Silleda a ampliación do espazo adicado ás terrazas. O único requisito que se esixirá para ampliar o número de plazas é un documento onde figure o acordo das propiedades colindantes ao local hostaleiro, nos casos nos que a ampliación proposta supoña ocupar o frontal doutra propiedade.

“Cremos que a ampliación das terrazas, nos casos onde sexa posible, será unha medida para axudar ao sector nestes tempos difíciles”, sinala o alcalde Manuel Cuiña.  Os empresarios do sector terán que presentar a solicitude no Rexistro Municipal, aberto de 09:00 a 13:00 horas.

Así mesmo, e tal e como xa se informou a semana pasada aos grupos políticos, estanse a valorar as fórmulas legais para eximir do pago da taxa por ocupación da vía pública con terrazas aos locais do municipio.

“Os técnicos están xa vendo as posibilidades de realizar esta acción, coa que se busca tamén aliviar os gastos do sector”, engade o alcalde.

Por outra banda,  o alcalde sinala que medidas coma o corte de rúas durante a fin de semana tamén se realizaron precisamente pensando en cuestións coma a ampliación de espazo para as persoas e a posibilidade de ampliar instalacións coma as terrazas.