-
A convocatoria xa foi publicada no BOP
-
O prazo para presentar solicitudes é de 20 días hábiles contados a partir de hoxe xoves 21 de novembro
O Concello de Silleda vén de abrir unha convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego de carácter temporal, a través da que se irá realizando a provisión de distintos postos de traballo como personal funcionario interino, segundo as necesidades do servizo.
A selección realizarase mediante o sistema de concurso oposición, tal e como figura na convocatoria publicada onte día 20 de novembro no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra.
Os postos para esta bolsa de emprego son un total de 8: condutor/a de camión; condutor/a de retroexcavadora; axudante electricista; condutor/a de tractor; operario/a de xardinería; operario/a varredor; oficial albanel; e animador/a deportivo.
As bases de cada un dos postos, así como as condicións e as taxas das probas, están publicadas xa na Sede Electrónica do Concello. Tamén se poderá acceder a elas dende a web municipal a través do banner “Avisos Emprego Público”.
As persoas interesadas teñen dende hoxe xoves día 21 un prazo de 20 días para inscribirse na convocatoria.