CERTAME VAI DE PARROQUIAS

O Concello de Silleda pon en marcha novamente a proposta estrenada o pasado ano polo Nadal ca dinamización do rural como protagonista. Baixo o lema “Vai de parroquias”, propónse de novo ao público participante visitar as 33 localidades que conforman o municipio silledense, acreditando mediante fotografías cas árbores de Nadal o seu paso polas mesmas.

Todas as persoas que envíen as 33 instantáneas e cubran o formulario de inscrición entrarán no sorteo dunha viaxe ás Illas Canarias para 2 persoas, a celebrar no primeiro trimestre de 2024.
As bases e condicións poderán consultarse neste mesmo banner.

Este certame, no marco da programación de Nadal, busca dinamizar as localidades rurais do municipio, fomentando a participación activa da veciñanza e poñendo en valor as 33 parroquias que compoñen o termo municipal fomentando tamén o coñecemento das mesmas.

Seguir as pistas

Para poder participar no certame é preciso facerse fotografías xunto ás árbores de Nadal que o Concello de Silleda colocará nas 33 parroquias, situándose en lugares estratéxicos dos que se darán pistas (unha por parroquia) para localizar as árboles. As pistas estarán colgadas con toda a información na web municipal.

Cada unha das árbores, confeccionadas en madeira con elementos reutilizados polas persoas usuarias do CDR de Cogami-Medelo, leva o nome de cadansúa localidade.

Para obter a condición de persoa aspirante ao premio, é preciso contar con fotografías nas que a persoa que figure como participante salga na instantánea, ao lado da árbore.

Para obter a categoría de persoa participante, é preciso inscribirse con nome, apelidos e DNI, a través do formulario que acompaña as bases, podendo participar só persoas maiores de idade.

As persoas que participen deben de enviar ao enderezo electrónico cultura@silleda.es , xunto co formulario de participación asinado, as fotografías que acrediten o seu paso polas 33 parroquias que conforman o municipio de Silleda, en formato jpg ou png.

Todas as persoas que cumpran este requisito entrarán no sorteo do premio. Admitiránse as inscricións e reportaxes gráficas enviadas ata o luns 8 de xaneiro ás 23:59 horas.

Sorteo público o 11 de xaneiro

O premio consistirá nunha viaxe ás Illas Canarias para dúas persoas, en réxime de media pensión durante 5 días no primeiro trimestre de 2024.

Unha vez confirmados todos os participantes e rematado o prazo, procederase ao sorteo público entre todas as persoas/envíos que cumpran co requisito.

Cada unha das persoas participantes terá asignado un número, correlativo á orde de chegada da inscrición.

Dito número introducirase, en sobre pechado, nunha urna, para proceder ao sorteo público do premio o xoves 11 de xaneiro ás 20:30 horas , no Salón de Actos do Concello de Silleda.

Descargas: