O luns  ábrese o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais de Silleda, que se rexirán por un protocolo específico e que reducen o número de actividades

-Dada a situación actual e logo de analizar unha por unha as actividades, só se prevén realizar patinaxe, kung fu, pilates, zumba fitness, zumba kids, aerobic step, ciclismo e zumba strong

-As inscricións, que deben ir acompañadas de declaracións incorporadas nos protocolos, poden formalizarse na Casa da Cultura (en horario de 10:00 a 13:00 horas) ou via mail, a través de info@silleda.gal

Silleda, 2 de outubro de 2020. O Concello de Silleda abre o vindeiro luns o prazo de inscición para participar nas Escolas Deportivas Municipais.

Dada a situación actual e logo de analizar unha por unha as actividades vendo as particularidades de cada disciplina, 8 só se prevén realizar de momento 8 escolas, lonxe das 18 ofertadas o pasado ano.

Así, está prevista a apertura das escolas de patinaxe, kung fu, pilates, zumba fitness, zumba kids, aerobic step, ciclismo e zumba strong , seguindo en todos os casos o protocolo establecido polo Concello de Silleda para instalacións e actividades deportivas (que estará dispoñible na web nas próximas horas, xunto co de instalacións culturais) e cumprindo cas medidas hixiénico sanitarias do momento (en cando a uso de máscara, hixiene e desinfección).

Para formalizar as inscricións e recibir máis información as persoas interesadas poden dirixirse á Casa da Cultura de Silleda (986 581028) en horario de 10:00 a 13:00 horas, ou ben remitir as inscricións ao mail info@silleda.gal.

Ainda que tradicionalmente as escolas deportivas comezaban en outubro, a situación deste ano obrigou a retrasar o seu inicio á espera de valorar o momento máis axeitado.

“Estivemos agardando á evolución do inicio do curso escolar, así como polas restriccións da Xunta, das que vimos de sair”, indica a concelleira de Deportes, Mónica González.

A apertura das instalacións deportivas, que permanecían pechadas ao público dende o pasado 16 de setembro, realizarase tamén a partir da vindeira semana, e o inicio das escolas irase establecendo en función das inscricións, dado que haberá un número limitado de participantes.

Adestramento de clubs

En canto a modalidades federadas, no caso do baloncesto o Concello está pendente do inicio das escolas xestionadas pola Fundación Heracles, do Obradoiro CAB, club co que se asinou un convenio que inclue esta escola, e que de momento non iniciará a actividade.

No caso do fútbol, dende o departamento de Deportes contactouse nas últimas xornadas con todos os clubs, amosando a maioría a súa decisión de non iniciar os adestramentos ata coñecer a data de inicio da competición e vistas as condicións actuáis. En todo caso, será decisión destas entidades reiniciar os adestramentos, que deberán de seguir os protocolos establecidos.